Scroll to navigation

WESNOTH(6) A batalla polo Noroeste WESNOTH(6)

NOME

wesnoth — A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.

SINOPSE

wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]

DESCRICIÓN

A batalla polo Noroeste é un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.

Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente as tropas e xestionando coidadosamente os recursos de ouro e vilas. Todas as unidades teñen fortalezas e debilidades de seu. Para gañar, desprega as túas forzas de xeito que aproveiten completamente o seu potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo. A medida que as unidades consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse máis fortes. Xoga na lingua que queiras e pon a proba as túas habilidades contra a intelixencia artificial, ou únete á enorme comunidade internacional de xogadores que se reúne en internet. Crea unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e compárteo todo co resto da comunidade.

OPCIÓNS

Descomprime un ficheiro que debería estar en formato BZip2 e gárdao sen o sufixo «.bz2». Borrarase o ficheiro_de_entrada.bz2.
Comprime un ficheiro en formato BZip2, gárdao coma ficheiro_de_entrada.bz2 e borra o ficheiro_de_entrada.
Vai directamente á campaña co identificador <identificador_de_campaña>. Se non indica un identificador, aparece un menú de escolla.
Substitúe o núcleo cargado polo núcleo co identificador indicado.
A dificultade da campaña indicada (do 1 ao máximo). Se non se especificase, aparecería un diálogo de escolla da dificultade da campaña.
O identificador do escenario da campaña indicada. De omitirse o parámetro, empregarase o primeiro escenario.
Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.
Mostra a ruta do cartafol dos datos.
Activa opcións adicionais no modo de ordes do xogo. Consulta o wiki en «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en inglés) para máis información sobre o modo de ordes do xogo.
Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se indica un ficheiro, fai o mesmo que -l --load.
Mostra nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo ao que se está executando o xogo.
Executa o xogo a pantalla completa.
Descomprime un ficheiro que debería estar en formato GZIP e gárdao sen o sufixo «.gz». Borrarase o ficheiro_de_entrada.gz.
Comprime un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma ficheiro_de_entrada.gz e borra o ficheiro_de_entrada.
Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.
Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar. Se tamén se usan as opcións -e ou --editor, iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de mapas aberto en dito directorio.
Usa o idioma idioma (código) durante esta sesión. Por exemplo: --language gl.
Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis dispoñíbeis son os seguintes: error (erro), warning (aviso), info (información) e  debug (depuración). error é o nivel predeterminado.
Mostra as marcas de tempo no ficheiro do historial con máis precisión.
Define o nivel de rexistro. Calquera mensaxe enviada con este nivel de rexistro ou un nivel superior fará que a proba unitaria falle aínda que o resultado sexa o esperado. Só é relevante cando se usa con -u.
Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que conteñan o filtro se se usa).
O número máximo de fotogramas por segundo que pode empregar o xogo. O valor debe estar entre «1» e «1000», sendo 50 o valor predeterminado.
Executa unha partida de varios xogadores. Hai opcións adicionais que poden empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica máis abaixo.
Cargar os escenarios de varios xogadores de probas.
Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento gráfico. Isto actívase automaticamente con --nogui.
Desactiva a carga de complementos do usuario.
Desactiva a caché de datos do xogo.
Executa o xogo sen a interface gráfica.
Executa o xogo sen música.
Non intentar validar a repetición da proba unitaria. Só é relevante cando se usa con -u.
Executa o xogo sen sons e sen música.
Emprega o <contrasinal> indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración. É pouco seguro.
Devolve o directorio de datos do xogo.
Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros escribiranse no directorio de destino indicado: un ficheiro «.cfg» simple e outro procesado. Se se indica un cartafol, preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras coñecidas para o preprocesador. Os macros comúns do directorio «data/core/macros» preprocesaranse antes que os recursos indicados. Por exemplo: -p ~/wesnoth/data/campaigns/tutorial ~/result. Para máis información sobre o preprocesador, acceda á seguinte páxina: http://wiki.wesnoth.org/PreprocessorRef#Command-line_preprocessor

Lista de ordes «define» —separada por comas— para que empregue a orde «--preprocess». Se a lista inclúe SKIP_CORE, non se preprocesará o directorio «data/core».
Só o emprega a orde «--preprocess». Especifica un ficheiro con definicións para antes do preprocesamento.
Só o emprega a orde «--preprocess». Devolve todos os macros preprocesados do ficheiro obxectivo. Se non se especifica un ficheiro devolverá os do ficheiro «_MACROS_.cfg» do directorio obxectivo da orde «--preprocess». O ficheiro de saída pode pasárselle a --preprocess-input-macros. Este modificador ten que escribirse antes da orde «--preprocess».
Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r 800x600.
Recibe unha «cadea de ruta de imaxe» de A batalla polo Noroeste con funcións de rutas de imaxes, e xera un ficheiro BMP de Windows.
Usa o número <semente> como semente para o xerador de números aleatorios. Por exemplo: --rng-seed 0.
Garda unha captura de pantalla do <mapa> na <saída> sen preparar unha pantalla.
Conéctase á máquina especificada se existe, senón conéctase ao primeiro servidor da configuración. Por exemplo: --server server.wesnoth.org.
Executa o xogo coa interface gráfica, substituíndo calquera --nogui implícito.
Os erros de corrección trátanse coma erros graves.
Executa o xogo nun pequeno escenario de probas. O escenario debería ser un definido cunha etiqueta WML [test]. O predeterminado é «test». O uso de --nogui vai implícito.
Executa o escenario de probas indicado como proba unitaria. O uso de --nogui vai implícito.
Define nome coma o nome do cartafol da configuración do usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o directorio da configuración fóra dos antes mencionados. En Windows tamén podes prefixar a ruta con ".\" or "..\ " para indicar un cartafol relativo ao cartafol de traballo do proceso. En X11 o cartafol predeterminado é «$XDG_CONFIG_HOME» ou «$HOME/.config/wesnoth», noutros sistemas é a ruta de datos do usuario.
Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.
Define nome coma o nome do cartafol dos datos do usuario no seu cartafol persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o cartafol dos datos fóra dos antes mencionados. En Windows tamén podes prefixar a ruta con ".\" or "..\ " para indicar un cartafol relativo ao cartafol de traballo do proceso.
Emprega o <usuario> indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración.
Devolve a ruta do directorio dos datos do usuario.
Asume que a caché está ben (perigoso).
Devolve o número da versión.
Executa o xogo nunha xanela.
Reproduce a partida cargada coa opción --load.

Opcións para --multiplayer

As opcións para partidas con varios xogadores específicas dun bando márcanse cun número. «número» tense que substituír polo número do bando. Normalmente é «1» ou «2», pero depende do número de xogadores que permita o escenario escollido.

Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a intelixencia artificial que controla o bando especificado.
Selecciona un algoritmo non estándar para o controlador da intelixencia artificial deste bando. O algoritmo está definido por unha etiqueta [ai], que pode ser unha das predeterminadas de «data/ai/ais» ou «data/ai/dev» opu un algoritmo definido por un complemento. Entre os valores dispoñíbeis están idle_ai (intelixencia artificial inactiva) e experimental_ai (intelixencia artificial experimental).
Decide quen controla o bando indicado. Os valores dispoñíbeis son: human e ai.
Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era predeterminada (Default). A era elíxese mediante un identificador. As eras descríbense no ficheiro data/multiplayer/eras.cfg.
Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo de vitoria ou derrota que requira que o usuario prema «Aceptar». Isto tamén se emprega para probas de rendemento automatizadas mediante scripts.
Non usar a configuración do mapa, senón os valores predeterminados.
Repite unha partida de varios xogadores valor veces. Recoméndase usar esta opción xunto con --nogui para probas de rendemento executadas con scripts.
Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro depende das opcións usadas con --controller e --algorithm. Só debería resultarlle útil a quen estea a deseñar a súa propia intelixencia artificial (aínda non está completamente documentado).
Selecciona un escenario con varios xogadores polo seu identificador. O identificador do escenario por omisión é multiplayer_The_Freelands.
Escoller unha facción da era actual para bando número número. A facción elíxese mediante un identificador. As faccións descríbense no ficheiro «data/multiplayer.cfg».
Establece o número de roldas para o escenario elixido. 50 de maneira predeterminada.

ESTADO AO SAÍR

Se a situación ao saír é normal, o estado ao saír será «0». «1» correspóndese cun erro de inicialización —ben do SDL, da configuración de vídeo, dos tipos de letra, etc—. «2» indica que o erro se produciu coas opcións da liña de ordes.
Ao executar probas unitarias (con  -u), o valor de saída cambia. O valor de saída 0 indica que se pasou a proba, e 1 indica que non se pasou. 3 indica que se pasou a proba pero que esta xerou un ficheiro de repetición incorrecto. 4 indica que se pasou a proba pero que a repetición produciu erros. Estes dous últimos valores só se devolven se non usa a opción --noreplaycheck. 2 indica que se superou o tempo límite de execución da proba, cando se usa a opción --timeout, que está obsoleta.

AUTORES

Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net> e Soliton <soliton.de@gmail.com>.
Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: http://www.wesnoth.org/

DEREITOS DE AUTOR

Copyright © 2003-2016, David White <davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

VÉXASE TAMÉN

wesnothd(6).

2013 wesnoth