table of contents
WESNOTH(6) | A batalla polo Noroeste | WESNOTH(6) |
NOME¶
wesnoth — A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.
SINOPSE¶
wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]
DESCRICIÓN¶
A batalla polo Noroeste é un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo fantástico.
Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente as tropas e xestionando coidadosamente os recursos de ouro e vilas. Todas as unidades teñen fortalezas e debilidades de seu. Para gañar, desprega as túas forzas de xeito que aproveiten completamente o seu potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo. A medida que as unidades consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse máis fortes. Xoga na lingua que queiras e pon a proba as túas habilidades contra a intelixencia artificial, ou únete á enorme comunidade internacional de xogadores que se reúne en internet. Crea unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e compárteo todo co resto da comunidade.
OPCIÓNS¶
- --all-translations
- Show all translations in the in-game language selection list, even if they are deemed insufficiently complete.
- --bunzip ficheiro_de_entrada.bz2
- Descomprime un ficheiro que debería estar en formato BZip2 e gárdao sen o sufixo «.bz2». Borrarase o ficheiro_de_entrada.bz2.
- --bzip ficheiro_de_entrada
- Comprime un ficheiro en formato BZip2, gárdao coma ficheiro_de_entrada.bz2 e borra o ficheiro_de_entrada.
- -c[identificador_de_campaña], --campaign[=identificador_de_campaña]
- Vai directamente á campaña co identificador identificador_de_campaña. Se non indica un identificador, aparece un menú de escolla.
- --campaign-difficulty[=dificultade]
- A dificultade da campaña indicada (do 1 ao máximo). Se non se especificase, aparecería un diálogo de escolla da dificultade da campaña.
- --campaign-scenario identificador_de_escenario
- O identificador do escenario da campaña indicada. De omitirse o parámetro, empregarase o primeiro escenario.
- --core identificador_de_núcleo
- Substitúe o núcleo cargado polo núcleo co identificador indicado.
- --data-dir cartafol
- Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.
- --data-path
- Mostra a ruta do cartafol dos datos.
- -d, --debug
- Activa opcións adicionais no modo de ordes do xogo. Consulta o wiki en «https://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en inglés) para máis información sobre o modo de ordes do xogo.
- -e[ficheiro], --editor[=ficheiro]
- Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se indica un ficheiro, fai o mesmo que -l --load.
- --fps
- Mostra nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo ao que se está executando o xogo.
- -f, --fullscreen
- Executa o xogo a pantalla completa.
- --gunzip ficheiro_de_entrada.gz
- Descomprime un ficheiro que debería estar en formato GZIP e gárdao sen o sufixo «.gz». Borrarase o ficheiro_de_entrada.gz.
- --gzip ficheiro_de_entrada
- Comprime un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma ficheiro_de_entrada.gz e borra o ficheiro_de_entrada.
- -h, --help
- Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.
- -l, --load ficheiro
- Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar. Se tamén se usan as opcións -e ou --editor, iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de mapas aberto en dito directorio.
- -L, --language idioma
- Usa o idioma idioma (código) durante esta sesión. Por exemplo: --language gl.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- sets the severity level of the log domains. all can be used to match any log domain. Available levels: error, warning, info, debug, none. By default the warning level is used for most domains, but deprecation defaults to none unless combined with the -d option.
- --log-precise
- Mostra as marcas de tempo no ficheiro do historial con máis precisión.
- --log-strict
- Define o nivel de rexistro. Calquera mensaxe enviada con este nivel de rexistro ou un nivel superior fará que a proba unitaria falle aínda que o resultado sexa o esperado. Só é relevante cando se usa con -u.
- --logdomains[=filtro]
- Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que conteñan o filtro se se usa).
- --max-fps fps
- O número máximo de fotogramas por segundo que pode empregar o xogo. O valor debe estar entre «1» e «1000», sendo o valor predeterminado a taxa de actualización do monitor.
- -m, --multiplayer
- Executa unha partida de varios xogadores. Hai opcións adicionais que poden empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica máis abaixo.
- --mp-test
- Cargar os escenarios de varios xogadores de probas.
- --no-delay
- Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento gráfico. Isto actívase automaticamente con --nogui.
- --noaddons
- Desactiva a carga de complementos do usuario.
- --nocache
- Desactiva a caché de datos do xogo.
- --nogui
- Executa o xogo sen a interface gráfica. Só está dispoñíbel en combinación con --multiplayer, --screenshot ou --plugin.
- --nomusic
- Executa o xogo sen música.
- --noreplaycheck
- Non intentar validar a repetición da proba unitaria. Só é relevante cando se usa con -u.
- --nosound
- Executa o xogo sen sons e sen música.
- --password contrasinal
- Emprega o contrasinal indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración. É pouco seguro.
- --path
- Devolve o directorio de datos do xogo.
- -p, --preprocess ficheiro_ou_cartafol_de_orixe cartafol_de_destino
- Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros escribiranse no directorio de destino indicado: un ficheiro «.cfg» simple e outro procesado. Se se indica un cartafol, preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras coñecidas para o preprocesador. Os macros comúns do directorio «data/core/macros» preprocesaranse antes que os recursos indicados. Por exemplo: -p ~/wesnoth/data/campaigns/tutorial ~/result. Para máis información sobre o preprocesador, acceda á seguinte páxina: https://wiki.wesnoth.org/PreprocessorRef#Command-line_preprocessor
- --preprocess-defines=DEFINE1,DEFINE2,…
- Lista de ordes «define» —separada por comas— para que empregue a orde --preprocess. Se a lista inclúe SKIP_CORE, non se preprocesará o directorio «data/core».
- --preprocess-input-macros ficheiro_de_orixe
- Só o emprega a orde --preprocess. Especifica un ficheiro con definicións [preproc_define] para antes do preprocesamento.
- --preprocess-output-macros[=ficheiro_de_destino]
- Só o emprega a orde --preprocess. Devolve todos os macros preprocesados do ficheiro obxectivo. Se non se especifica un ficheiro devolverá os do ficheiro «_MACROS_.cfg» do directorio obxectivo da orde «--preprocess». O ficheiro de saída pode pasárselle a --preprocess-input-macros. Este modificador ten que escribirse antes da orde --preprocess.
- -r XxY, --resolution XxY
- Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r 800x600.
- --render-image imaxe saída
- Colle unha «cadea de ruta de image» correcta de A batalla polo Noroeste con funcións de ruta de imaxe, e escribe nun ficheiro PNG. Xera un ficheiro BMP se o nome do ficheiro remata en «.bmp» ou se a biblioteca «libpng» non está dispoñíbel. As funcións de ruta de imaxe están documentadas (en inglés) en https://wiki.wesnoth.org/ImagePathFunctionWML.
- -R, --report
- Prepara os cartafoles do xogo, imprime información da construción que poder usar en informes de erros, e sae.
- --rng-seed semente
- Usa o número <semente> como semente para o xerador de números aleatorios. Por exemplo: --rng-seed 0.
- --screenshot mapa saída
- Garda unha captura de pantalla do mapa na saída sen preparar unha pantalla.
- -s[servidor], --server[=servidor]
- Conéctase á máquina especificada se existe, senón conéctase ao primeiro servidor da configuración. Por exemplo: --server server.wesnoth.org.
- --showgui
- Executa o xogo coa interface gráfica, substituíndo calquera --nogui implícito.
- --strict-validation
- Os erros de corrección trátanse coma erros graves.
- -t[identificador_de_escenario], --test[=identificador_de_escenario]
- Executa o xogo nun pequeno escenario de probas. O escenario debería ser un definido cunha etiqueta WML [test]. O predeterminado é test. Pode iniciarse unha mostra da funcionalidade [micro_ai] con micro_ai_test. O uso de --nogui vai implícito.
- --translations-over percent
- Set the standard for deeming a translation is complete enough to show in the in-game language list to percent. Valid values are 0 to 100.
- -u, --unit identificador_de_escenario
- Executa o escenario de probas indicado como proba unitaria. O uso de --nogui vai implícito.
- --userconfig-dir nome
- Define nome coma o nome do cartafol da configuración do usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o directorio da configuración fóra dos antes mencionados. En Windows tamén podes prefixar a ruta con ".\" or "..\ " para indicar un cartafol relativo ao cartafol de traballo do proceso. En X11 o cartafol predeterminado é «$XDG_CONFIG_HOME» ou «$HOME/.config/wesnoth», noutros sistemas é a ruta de datos do usuario.
- --userconfig-path
- Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.
- --userdata-dir nome
- Define nome coma o nome do cartafol dos datos do usuario no seu cartafol persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o cartafol dos datos fóra dos antes mencionados. En Windows tamén podes prefixar a ruta con ".\" or "..\ " para indicar un cartafol relativo ao cartafol de traballo do proceso.
- --username nome_de_usuario
- Emprega o usuario indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a configuración.
- --userdata-path
- Devolve a ruta do directorio dos datos do usuario.
- --validcache
- Asume que a caché está ben (perigoso).
- -v, --version
- Devolve o número da versión.
- -w, --windowed
- Executa o xogo nunha xanela.
- --with-replay
- Reproduce a partida cargada coa opción --load.
Opcións para --multiplayer¶
As opcións para partidas con varios xogadores específicas dun bando márcanse cun número. «número» tense que substituír polo número do bando. Normalmente é «1» ou «2», pero depende do número de xogadores que permita o escenario escollido.
- --ai_config número:valor
- Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a intelixencia artificial que controla o bando especificado.
- --algorithm número:valor
- Selecciona un algoritmo non estándar para o controlador da intelixencia artificial deste bando. O algoritmo está definido por unha etiqueta [ai], que pode ser unha das predeterminadas de «data/ai/ais» ou «data/ai/dev» opu un algoritmo definido por un complemento. Entre os valores dispoñíbeis están idle_ai (intelixencia artificial inactiva) e experimental_ai (intelixencia artificial experimental).
- --controller número:valor
- Decide quen controla o bando indicado. Os valores dispoñíbeis son: human e ai.
- --era valor
- Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era predeterminada (Default). A era elíxese mediante un identificador. As eras descríbense no ficheiro data/multiplayer/eras.cfg.
- --exit-at-end
- Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo de vitoria ou derrota que normalmente require que o usuario prema «Finalizar». Isto tamén se emprega para probas de rendemento automatizadas mediante scripts.
- --ignore-map-settings
- Non usar a configuración do mapa, senón os valores predeterminados.
- --multiplayer-repeat valor
- Repite unha partida de varios xogadores valor veces. Recoméndase usar esta opción xunto con --nogui para probas de rendemento executadas con scripts.
- --parm número:nome:valor
- Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro depende das opcións usadas con --controller e --algorithm. Só debería resultarlle útil a quen estea a deseñar a súa propia intelixencia artificial (aínda non está completamente documentado).
- --scenario valor
- Selecciona un escenario con varios xogadores polo seu identificador. O identificador do escenario por omisión é multiplayer_The_Freelands.
- --side número:valor
- Escoller unha facción da era actual para bando número número. A facción elíxese mediante un identificador. As faccións descríbense no ficheiro «data/multiplayer.cfg».
- --turns valor
- Establece o número de roldas para o escenario elixido. De maneira predeterminada non hai límite.
ESTADO AO SAÍR¶
Se a situación ao saír é normal, o estado ao
saír será «0». «1»
correspóndese cun erro de inicialización —ben do SDL,
da configuración de vídeo, dos tipos de letra, etc—.
«2» indica que o erro se produciu coas opcións da
liña de ordes.
Ao executar probas unitarias (con -u), o valor de saída
cambia. O valor de saída 0 indica que se pasou a proba, e 1 indica
que non se pasou. 3 indica que se pasou a proba pero que esta xerou un
ficheiro de repetición incorrecto. 4 indica que se pasou a proba pero
que a repetición produciu erros. Estes dous últimos valores
só se devolven se non usa a opción --noreplaycheck. 2
indica que se superou o tempo límite de execución da proba,
cando se usa a opción --timeout, que está obsoleta.
AUTORES¶
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>,
ott <ott@gaon.net> e Soliton <soliton.de@gmail.com>.
Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: https://www.wesnoth.org/
DEREITOS DE AUTOR¶
Copyright © 2003-2018, David White
<davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos
da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free
Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o
seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO
PARTICULAR.
VÉXASE TAMÉN¶
wesnothd(6).
2018 | wesnoth |