NOME¶
wesnoth — A batalla por Wesnoth, un xogo de estratexia por roldas
ambientado nun mundo fantástico.
SINOPSE¶
wesnoth [
OPCIÓNS] [
RUTA_AOS_DATOS]
DESCRICIÓN¶
A batalla por
Wesnoth é un xogo de estratexia por roldas ambientado
nun mundo fantástico.
Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente as tropas e
xestionando coidadosamente os recursos de ouro e vilas. Todas as unidades
teñen as fortalezas e debilidades. Para gañar, desprega as túas
forzas de xeito que aproveiten completamente o seu potencial, e impide que os
inimigos fagan o mesmo. A medida que as unidades consigan experiencia,
adquirirán novas habilidades e volveranse máis fortes. Xoga na
lingua que queiras e pon a proba as túas habilidades contra a
intelixencia artificial, ou únete á enorme comunidade internacional
de xogadores de A batalla por Wesnoth que se reúne na Internet. Crea
unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e compárteo todo co
resto da comunidade.
OPCIÓNS¶
- --bpp número
- Establece a cantidade de bits por píxel. Por exemplo:
--bpp 32.
- -c, --campaign [<identificador da
campaña>]
- Ir directamente á campaña indicada co
identificador indicado. Se non se indica un identificador, aparecerá
un menú de escolla. Nota: ao empregar esta opción
asegúrese tamén de indicar o directorio dos datos como argumento
final, ou asumirase que o identificador é dito directorio.
- --campaign-difficulty <dificultade>
- A dificultade da campaña indicada (do 1 ao
máximo). Se non se especificase, aparecería un diálogo de
escolla da dificultade da campaña.
- --campaign-scenario <identificador do
escenario>
- O identificador do escenario da campaña indicada. De
omitirse o parámetro, empregarase o primeiro escenario.
- --config-dir nome
- Define nome coma o nome do cartafol da
configuración do usuario no seu directorio persoal
(«$HOME») ou «Os meus documentos\Os meus xogos» en
Windows. Tamén podes indicar unha ruta absoluta para o directorio da
configuración fóra dos antes mencionados.
- --config-path
- Devolve a ruta do directorio da configuración do
usuario.
- --data-dir <directorio>
- Substitúe o directorio dos datos polo directorio
indicado.
- -d, --debug
- Activa opcións adicionais no modo de ordes do xogo.
Consulta o wiki en «http://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en
inglés) para máis información sobre o modo de ordes do
xogo.
- -e, --editor ficheiro
- Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se
indica un ficheiro, fai o mesmo que -l --load.
- --fps
- Amosa nunha esquina da pantalla o número de fotogramas
por segundo ao que se está executando o xogo.
- -f, --fullscreen
- Executa o xogo a pantalla completa.
- --gunzip ficheiro_de_entrada.gz
- Descomprime un ficheiro que debería estar en formato
“gzip” e gárdao sen o sufixo «.gz». Borrarase o
ficheiro_de_entrada.gz.
- --gzip ficheiro_de_entrada
- Comprime un ficheiro en formato “gzip”,
gárdao coma ficheiro_de_entrada.gz e borra o
ficheiro_de_entrada.
- -h, --help
- Devolve un resumo das opcións da liña de
ordes.
- -l, --load ficheiro
- Carga a partida ficheiro do directorio de partidas
estándar. Se tamén se usan as opcións -e ou
--editor, iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto.
Se é un directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de
mapas aberto en dito directorio.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro.
Pódese usar all para referirse a calquera dominio do rexistro.
Os niveis dispoñíbeis son os seguintes: error
(erro), warning (aviso), info (información)
e debug (depuración). error é o nivel
predeterminado.
- --logdomains [filtro]
- Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que
conteñan o filtro se se usa).
- --max-fps
- O número máximo de fotogramas por segundo que
pode empregar o xogo. O valor debe estar entre «1» e
«1000», sendo 50 o valor predeterminado.
- -m, --multiplayer
- Executa unha partida de varios xogadores. Hai opcións
adicionais que poden empregarse xunto con --multiplayer tal e como
se explica máis abaixo. --multiplayer só pode ir seguido
destas opcións adicionais.
- --no-delay
- Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento
gráfico. Isto actívase automaticamente con --nogui.
- --nocache
- Desactiva a caché de datos do xogo.
- --nomusic
- Executa o xogo sen música.
- --nosound
- Executa o xogo sen sons e sen música.
- --path
- Devolve o directorio de datos do xogo.
- --preprocess,
-p[=<definición_1>,<definición_2>,…]
<ficheiro ou cartafol> <directorio_de_destino>
- Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou
ficheiros escribiranse no directorio de destino indicado: un ficheiro
“cfg” simple e outro procesado. Se se indica un cartafol,
preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras para o
preprocesador coñecidas. Os macros comúns dos directorios dos
datos, do núcleo e dos macros preprocesaranse antes que os recursos
indicados. definición_1,definición_2,... son as
definicións adicionais que se engadirán antes de preprocesar os
ficheiros. Se quere engadilas terá que prefixalas co carácter
«=». Se «SKIP_CORE» está na lista de
definicións o directorio dos datos e o do núcleo non se
preprocesarán. Por exemplo: -p
~/wesnoth/data/campaigns/tutorial ~/result ou
-p=MULTIPLAYER,MY_OWN_CAMPAIGN ~/wesnoth/data/campaign/camp
~/result.
- --preprocess-input-macros
<ficheiro_fonte>
- Só o emprega a orde «--preprocess».
Especifica un ficheiro con definicións para antes do
preprocesamento.
- --preprocess-output-macros
[<ficheiro_obxectivo>]
- Só o emprega a orde «--preprocess». Devolve
todos os macros preprocesados do ficheiro obxectivo. Se non se especifica
un ficheiro devolverá os do ficheiro «_MACROS_.cfg» do
directorio obxectivo da orde «--preprocess». Este modificador
ten que escribirse antes da orde «--preprocess».
- -r XxY, --resolution XxY
- Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r
800x600.
- -s, --server [máquina]
- Conéctase á máquina especificada se existe,
senón conéctase ao primeiro servidor da configuración. Por
exemplo: --server server.wesnoth.org.
- --strict-validation
- Os erros de corrección trátanse coma erros
graves.
- -t, --test
- Executa o xogo nun pequeno escenario de proba.
- --validcache
- Asume que a caché está ben (perigoso).
- -v, --version
- Devolve o número da versión.
- -w, --windowed
- Executa o xogo nunha xanela.
- --with-replay
- Reproduce a partida cargada coa opción
--load.
Opcións para --multiplayer¶
As opcións para partidas con varios xogadores específicas dun bando
márcanse cun
número. «
número» tense que
substituír polo número do bando. Normalmente é «1» ou
«2», pero depende do número de xogadores que permita o
escenario escollido.
- --ai_confignúmero=valor
- Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a
intelixencia artificial que controla o bando especificado.
- --algorithmnúmero=valor
- Fai que a intelixencia artificial do bando indicado
empregue o algoritmo non estándar indicado. Os seus posíbeis
valores son idle_ai e sample_ai.
- --controllernúmero=valor
- Decide quen controla o bando indicado. Os valores
dispoñíbeis son: human e ai.
- --era=valor
- Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez
de na era predeterminada ( Default). A era elíxese mediante un
identificador. As eras descríbense no ficheiro
data/multiplayer/eras.cfg.
- --exit-at-end
- Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen amosar un
diálogo de vitoria ou derrota que requira que o usuario prema
«Aceptar». Isto tamén se emprega para probas de rendemento
automatizadas mediante guións.
- --nogui
- Executa o xogo sen interface gráfica. Debe aparecer
antes de --multiplayer para funcionar correctamente.
- --parmnúmero=nome:valor
- Establece parámetros adicionais para o bando. Este
parámetro depende das opcións usadas con --controller e
--algorithm. Só debería resultarlle útil a quen
estea a deseñar a súa propia intelixencia artificial (aínda
non está completamente documentado).
- --scenario=valor
- Selecciona un escenario con varios xogadores polo seu
identificador. O identificador do escenario por omisión é
multiplayer_The_Freelands.
- --sidenúmero=valor
- Escoller unha facción da era actual para bando
número número. A facción elíxese mediante un
identificador. As faccións descríbense no ficheiro
«data/multiplayer.cfg».
- --turns=valor
- Establece o número de roldas para o escenario elixido.
50 de maneira predeterminada.
ESTADO AO SAÍR¶
Se a situación ao saír é normal, o estado ao saír será
«0». «1» correspóndese cun erro de
inicialización —ben do SDL, da configuración de vídeo,
dos tipos de letra, etc—. «2» indica que o erro se produciu
coas opcións da liña de ordes.
AUTORES¶
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>, ott
<ott@gaon.net> e Soliton <soliton.de@gmail.com>.
Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial:
http://www.wesnoth.org/
DEREITOS DE AUTOR¶
Copyright © 2003-2011 David White <davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos da
versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free Software
Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o seu USO
COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.
VÉXASE TAMÉN¶
wesnothd(6).